domingo, 31 de marzo de 2013

A INDUSTRIA DE ARMAS E A PAZ.



    Refuxiados do Pakistan





               Qué lle facemos, porque qué dubida cabe que case que tódolos conflitos, en xeral lonxe dos países onde de maneira maioritaria están ubicadas as devanditas industrias, están fomentados por éstas. Sexamos sinceiros e realistas: sabemos que moven moitos cartos e dan moito traballo, pero mentres o sistema non absorba estas vantaxes, por unha banda, e non encarrile as humanas ambicións que as moven, pola outra, e dun xeito multilateral tácito, non poderemos falar nin de beleza, nin de amor, nin de paz, nin de dignidades,...nin tan sequera de “gaitas”.

               Os mortos directos ou indirectos, os millóns de desprazados, as cidades e infraestruturas derruídas, a agricultura e demais tecidos produtivos desfeitos.

               Entendo que os exércitos sexan necesarios, dada a seguridade de defensa e a axuda humanitaria que procuran, pero de aí a gastar unha enorme parte dos recursos da humanidade adicándoos a fabricar armamento que mércase  satisfacendo conflitos artificialmente  creados, vai un longo treito.

               Creo que non debo estenderme mais, porque a bos entendedores poucas palabras bastan. Está na  man de Deus chegar  ós corazóns das forzas fácticas da Terra e facelas conscientes de que, coma dicía a avoa do Papa Francisco: o sudario non leva bolsillos. Todos estes homes que toman as decisións no mundo deberían  ter a suficiente sensibilidade coma para non poder durmir polas noites pensando en que os pais das familias desprazadas nos campos de refuxiados sofren coma eles polos seus fillos; só que eles sofren polas notas académicas e os desprazados pola comida, saúde e incluso pola súa vida e futuro; as familias perden absolutamente todo. Aínda que os vexamos pola televisión coma algo lonxanos, son seres que sofren coma nos e na maioría dos casos privámoslles ata da "esperanza".

               Entre tódolos homes de boa vontade poñámoslle fin a esta carreira de armas e encaremos o futuro das vindeiras xeracións a base de beleza e amor para coa Humanidade, creación da vontade de  Deus sen absolutamente ningunha dúbida.

             Os empresarios aos que deberíamos estender alfombras a seu paso, xa que producen riqueza e traballo en todo o mundo, débense dotar dunha ética, cónstame que vixente para eles en moitos casos, nas súas inversións e producir bens de vida e non de morte. Eles son moi intelixentes e emprendedores, ademais de básicos para a Humanidade, e polo tanto deben sentirse amparados por Deus na plasticidade e maleabilidade das súas inversións para facer o ben: “sempre encontrarán boa terra onde sementar e obter boas colleitas”.


                A Cruz Bermella, a Media Lúa Bermella e as ONG fan o seu traballo paliativo moito mais que ben cos medios de que dispoñen. Pero a auténtica e radical solución do problema é a eliminación destas industrias ¿Non si? E así a xente poderá vivir en paz e feliz sempre que poda levar a sua casa un xornal o un anaco de pan no seu caso. Logo, co tempo, cunha paz duradeira e coa axuda de Deus, virá o resto nomeado no anterior post.

                      
    ¡ Sexamos HOMES DE BEN con toda a gravidade que leva iso !









1 comentario:

  1. Tienes toda la razón, ¡Enhorabuena! Sin ir más allá de la actualidad, en la Península de Corea más de uno se está forrando. Existen y han existido muchísimos ejemplos más, como sabes.

    Gracias por tu delicadeza de exposición porque hay motivos de sobra para echar más que sapos por la boca.

    ResponderEliminar