sábado, 30 de marzo de 2013

INTRODUCCIÓN.





                       

     Despois de case tres anos de compoñer Posts para os meus dous blogs anteriores, "observacionesyexperiencias.com" e "nasnosaslinguas.blogspot.com.es", nos que fixen as máis das veces pura e persoal "pornografía",  xa que, ó longo de  762   Posts, espín por completo a miña persoalidade e a miña alma e tamén de maneira máis informal nalgún dos comentarios que fago, baixo o alias de PELICHAS, fago iste Blog no que pretendo  facer que "todo" millore.  

                 Xa a partíres de agora, e de maneira moi reflexiva, adicaréime única e exclusivamente a intentar, coa axuda de DEUS, facer humildes apartacións en procuras dunha Humanidade máis perfecta e onde os valores de convivencia legados por Xesucristo -Deus para a miña fe- imperen, sendo Universais o Benestar Social e a PAZ. Onde o soño máis recorrente de tódalas persoas sexa actuar en tódalas facetas das súas vidas cunha  beleza excelsa e espiritual, tanto  cara o interior persoal coma cara o exterior na relación cos demáis homes e coa natureza. Eu penso que, se entre tódolos homes acadamos isto, os restantes desexos de Deus para este milenio virán por engadidura:  dignidade universal na alimentación, dignidade universal na atención sanitaria, dignidade universal da infancia, dignidade universal da educación e achego á cultura, dignidade universal da muller, dignidade universal na vida laboral de cadaquén con apego tamén universal ó traballo, respecto pacífico entre tódalas relixións e á súa evolución e pola lóxica procura de tódalas Igrexas da súa eternidade, xa que todas buscan o mesmo e único Deus, chámemoslle como lle chamemos.

                  Desexo que a nomeada Beleza Divina, xa comentada por San Xoan na súa Primeira Carta (1 Xn 4,12):        
                        

                            "Ninguén viu nunca a Deus.
                        Se nos amamos uns a outros,
                        Deus permanece en nosotros
                        e o Amor de Deus é perfeto en
                        en nosoutros".
        


 
                    AMOR E BELEZA que han de ser os dous excelsos e exclusivos pilares que sirvan de cimentación cara unha nova vida máis harmoniosa da humanidade neste III Milenio d.C. para unha maior gloria do único Deus e da súa Creación.




          Para rematar, direi que coido escribir neste Blog sempre na lingua galega, intentando facelo do mellor xeito que poda, por respecto e amor ao meu pobo, Galicia, e coma símbolo da concordia que ha ser o rumbo dos vencellos entre os pobos, privado coma fun pola Historia do seu uso nos primeiros anos da miña vida. Pido respecto tamén cara a miña condición de ser  español, pertencendo tamén ao Pobo Galego, sen querer renunciar a ningunha das dúas condicións.





Nota : Xa baixo outros anónimos alias non poderéi deixar de comentar as novas de Prensa da actualidade que coide oportunas, xa que penso que é unha maneira moi interesante de comunicar concretísimas e persoais impresións.



               

No hay comentarios:

Publicar un comentario